20.12.17

Azotea - Vanesa Martínez



O 13 de decembro a cita do Vaidelibros era co teatro, co teatro galego de última xeración: Azotea. Contamos coa presenza da autora, Vanesa Sotelo, unha rapaza moi nova de Cangas que xa ten un amplo currículo tanto na creación de textos dramáticos coma na montaxe e interpretación de obras de teatro.
Deixamos falar á convidada, como temos por costume, pois non despercidiamos a oportunidade de escoitar todo o que teña que dicir a creadora, neste caso, tanto da súa propia obra como da visión do teatro, da obra dramática, do acto creativo en xeral e da obra lida polo grupo que formamos o club, en particular.
Un pracer sentir a ilusión e o ben facer dunha nova xeración de creadoras que apostan ademais polo teatro cando, ben sabemos, a situación cultural galega adoece de falta de políticos e políticas que crean nela e que aposten parte do presuposto (os cartos de todos e todas)  na súa difusión.

Esta obra de Vanesa Sotelo foi publicada na RGT no número 39 do verán do 2004.





No hay comentarios: