20.4.16

Agustín Fernández Paz cos Papalibros

Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis prolíficos da literatura galega: transcorreron máis de vinte e cinco anos desde que publicou a súa primeira novela en 1989.
Coas súas obras ten acadado moitos premios, entre eles o Premio Lazarillo (Contos por palabras, 1991) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ( O único que queda é o amor, 2007).

Desta vez Os Papalibros leron  Trece anos de Branca ( 1994),  obra coa que gañou o Premio Edebé de Literatura Xuvenil e que vai xa pola décimo sexta edición.

portada Trece anos de Branca (Trece años de Blanca)
Conta a historia de Branca, unha rapaza de trece anos enferma de hepatite que, para pasar o tempo, decide facer un álbum con vellas fotografías que a nai garda nunha caixa. Cada foto ten un efecto evocador e con elas vai lembrando e contándonos distintos episodios da súa vida.
O que máis lles gustou aos lectores foi a orixinalidade da estrutura: vai contando a sús vida a partir de fotos.


Ademais dos temas propios da literatura xuvenil ( a relación cos pais e os irmáns, os amigos, os primeiros amores, o colexio,...) descubriron como se  adestran as pombas mensaxeiras, unha afección de Lois, o amigo da nosa protagonista, o que demostra que sempre se aprende algo novo coa literatura

Fixemos unha pequena exposición das obras de A. Fernández Paz que temos na nosa biblioteca. Agardamos que se animen a ler algún destes títulos.



Como remate da sesión sorteamos entre o alumnado lector un caderno das Bibliotecas escolares e mais unha entrada de cine.
Mostapha Abidour e David Bernárdez con cadanseu agasallo.

Se queres máis información sobre Agustín Fernández Paz, pincha no enlace.

No hay comentarios: