15.3.16

Muñoz Molina, Todo lo que era sólido

Todo lo que era sólido ( Seix Barral, 2013) de Antonio Muñoz Molina é un ensaio no que o autor , consciente de que chegamos a conseguir dereitos que agora perigan, nos lembra que nada é para sempre e que calquera dereito pode desparecer.

Ao longo do libro fai un repaso dos anos da democracia para concluír que vivimos de costas á ética , que "sabiamos que o que se facía  ( e aínda se fai) estaba e está mal, pero beneficiabámonos e deixabámonos  arrolar por un cinismo ético que nos acariñaba, entre contratos e beneficos máis ou menos confesables".

Por último, é unha chamada para que reaccionemos, cada un desde o noso ámbito de actuación, e asumamos a nosa responsabilidade cívica que tamén temos que esixir aos nosos gobernantes.

Con este libro,  o Vaidelibros deu conta da lectura  do ensaio deste curso. Un xénero, o ensaio, que se nos resistía pero que cada vez gaña máis adeptos entre os nosos lectores/as.

Iniciamos a sesión escoitando un fragmento da entrevista que RNE fixo ao autor con motivo da publicación do libro.

No hay comentarios: