29.5.12

Xesús Constela e O libro das alquimias co Club dos pequenos


Aí van as impresións do alumnado de 2º ESO que asistiu á charla-comida con Xesús Constela:



O día vintecatro de maio tivemos una mal soño. Quedámonos a comer no insti! Quedamos a comer  porque veu  Xesús Constela, autor do último libro do club de lectura O Libro das Alquimias. Tivemos unha comida moi agradable, todos comemos de bocatas menos algún por aí que trouxo arroz con polo…E de postre tivemos galletas e chocolate, ñam ñam, que rico! Despois de comer, comezamos a falar sobre o libro e contounos de onde sacou a trama e as escenas. A maior parte das cousas de recordos que tiña de cando el aínda era cativo. Contounos que comezou a escribir fai pouco, xa que el é profesor de Inglés. Estívonos falando tamén do resto dos seus libros, e que lle deron algún premio por eles.Aos nosos compañeiros do club, non lles gustou moito o libro, pero coa visita do autor, acaboulles encantado despois de xa telo lido. Fíxose una sobremesa moi amena e divertida. A iso das catro e media, rematou a reunión. A Xesús regalámoslle un faro e quedou moi contento de vir aquí, a esta reunión, e a esta iniciativa de “reunión-comida”. Despedímonos e quedamos todos moi contentos do libro e déronnos  ganas de ler o resto dos seus libros.  Luis Martín Carnero Feijóo

Pasámolo moi ben, foi moi interesante todo o que Xesús nos contou.: como se fixo escritor, curiosidades dos seus libros,...Paréceme moi enxeñosa a súa forma de escribir, sempre mesturando realidade con ficción. Pasou o tempo voando. Deixounos con ganas de ler a súa nova novela.
Grazas por facernos pasar un rato tan bo, tanto a Xesús como ás profes responsables do Club.  Ana Gómez

A de hoxe foi unha comida moi agradable con Xesús. Falounos de todos os seus libros aínda que veu para falarnos de O libro das alquimias. Foi unha visita moi agradable xa que el é moi "comentativo" e fálao todo. Ao final da actividade fixémoslle un agasallo dun faro artesán que lle gustou moito. Marchou moi contento pois nunca fora a unha reunión destas a comer.


A min o autor aclaroume moitas dúbidas, explicou moitas cousas. Contou varias anécdotas divertidas, raras e extraordinarias. Resumindo, unha gran tarde con Xesús Constela.



O xoves, 24,  recibimos a visita de Xesús Constela. Para nós foi unha experiencia moi interesante. Xesús contounos como foi evolucionando a súa idea ata transformarse no libro que é actualmente.  Miguel Paz
                                                                                                    
Gustoume moito e, ao final, o libro pareceume un bo libro pois o escritor explicounos como empezou a escribir, como se inspirou á hora de crear o personaxe do vello, o barrio, o piso onde vivía o protagonista,...Falounos doutros libros, como empezou a escribir o primeiro e tamén nos contou a sinopse da última novela que vén de publicar. María Ignacio
(...)Falounos un pouco da historia de Hipatia, unha intelectual exipcia....e da natureza. Foi unha experiencia moi agradable comer co autor e foi moito máis divertido do que imaxinaba. Chamoume a atención a maneira na que comezou a escribir.   Patricia Molanes

Xesús contounos moitas cousas do seu libro e dos outros libros que escribiu. A verdade é que falaba moi ben e o tempo pasaba voando. (...) Pasouno moi ben con nós porque somos moi divertidos.  Caetano Eirea
                                                         


2 comentarios:

Xesús Constela dijo...

Moitas grazas de todo coarzón a todos os integrantes do Club de lectura! Só por comentarios coma os vosos paga a pena ser escritor!

Luis Vázquez dijo...

Grazas a ti Xesús por vir a Rodeira! Xa teño ganas de empezar a leer o teu libro 15.724, deste verán non pasa!